REDE GALEGA PxR

O obxectivo desta iniciativa é a creación dun espazo transversal de debate e colaboración para facilitar o intercambio de coñecemento e, en paralelo, o estímulo decidido á creación de novos proxectos de preparación para a reutilización e reparación en toda Galicia. A Rede Galega PxR está aberta a tódolos axentes que queiran participar no desenvolvemento deste tipo de proxectos e á colaboración en tódolos ámbitos posibles (empresarial, educativo, social, institucional), co reto de contribuír á transición cara o modelo de economía circular na nosa Comunidade.

Image