A app “Conectando para una economía circular” permite consultar e solicitar residuos industriais que poden ser reutilizados como materia prima

O Grupo Interplataformas para una Economía Circular vén de presentar unha app que permite aos seus usuarios publicar e consultar información sobre residuos que poidan ter unha nova vida. Así, os subprodutos xerados por empresas de diferentes sectores produtivos poderán ser empregados como materia prima en novos procesos. Esta app, chamada “Conectando para una economía circular” permitirá tamén consultar toda a información dispoñible sobre provedores de tecnoloxías dirixidas á valorización e reutilización deste tipo de elementos.

O organismo impulsor desta aplicación, o Grupo Interplataformas para una Economía Circular, é unha iniciativa empresarial creada para identificar oportunidades dende a I+D para desenvolver a simbiose industrial entre sectores estratéxicos do noso país. Esta é unha aposta en firme para impulsar a economía circular entre empresas de España. Este Grupo está formado por 26 plataformas de tecnoloxía e innovación que teñen como prioridade promover o uso eficiente de recursos a través da colaboración público-privada e o desenvolvemento da I+D+i. Entre os seus obxectivos está explotar o potencial innovador para promover a aplicación da economía circular nos diferentes sectores produtivos e a exportación destas iniciativas a nivel europeo.

A app “Conectando para una economía circular” está dispoñible, polo de agora, para as plataformas e entidades que xa operan dentro do Grupo Interplataformas.