A Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa no proxecto H2020 CICERONE (Circular economy platform for European priorities strategic agenda)

Este proxecto reúne ás principais partes interesadas, administracións, programadores, investigadores e empresas, para construír xuntos unha plataforma que sirva de ferramenta para implantar un modelo de economía circular eficiente.

O proxecto aborda, de xeito específico, as necesidades e prioridades que deben marcar a folla de ruta a seguir para acelerar a implantación dunha Europa circular, eficiente e efectiva, mediante a programación conxunta de proxectos, a promoción da investigación e o intercambio de información, e involucrando a todos os sectores implicados a todos os niveis, incluídos os cidadáns.

O 30 de marzo de 2021 en horario de tarde, realizarase a conferencia final on-line onde se presentarán os resultados acadados polo proxecto CICERONE, lanzarase a Plataforma de Cooperación Circular da UE (EU CCH), entre outras.

Para máis información e inscrición véxase adxuntos:

Inscrición:

A través desta ligazón

Axenda: