As empresas galegas avanzan con paso firme cara a economía circular

Aplicar os principios da economía circular ao día a día das empresas é unha das principais liñas estratéxicas que determinou a Unión Europea para facer o noso futuro común máis sostible. A economía circular basea os seus principios na reutilización e reciclaxe de todos os elementos empregados durante o proceso de produción, co obxectivo posto no residuo cero, favorecendo o aproveitamento de recursos e mitigando o impacto na contorna.

Os datos do Informe ARDÁN do pasado ano indican que nestes momentos aproximadamente un 20% das empresas de Galicia aplican os principios da economía circular aos seus procesos de produción.

As dez empresas que agora mesmo están a apostar pola economía circular e obtiveron mellores datos neste informe son:

Malia os bos datos destas empresas, queda moito traballo por facer, xa que case a metade das empresas de Galicia enquisadas para a elaboración deste informe non aplican ningún dos principios da economía circular aos seus procesos. Traballar na mellora destes datos é un compromiso da Xunta de Galicia e debería de selo tamén de toda a sociedade, tanto pola parte de quen elabora, produce e manufactura, coma de todas as persoas que somos destinatarias finais deses produtos.

 

 

 

Imaxe: Fran Castiñeira