Back to Eco, a economía circular aplicada ao denim

A industria da moda, debido principalmente á “moda rápida” de baixo custo e consumo constante, é a día de hoxe unha das principais responsables do consumo de recursos primarios e da contaminación da auga nos países onde se confecciona. Coa vista posta en revertir este modelo de negocio, e coa economía circular como motor, están a xurdir en España innumerables iniciativas que buscan reaproveitar prendas e elementos xa confeccionados, para darlles novas vidas e usos.

Back to Eco é unha marca de Barcelona centrada na moda sostible que ten como obxectivo “alongar o ciclo de vida do denim post-consumidor”. Na actualidade, para crear unha prenda de denim consúmense entre 5.000 e 10.000 litros de auga. Reducir o consumo de novos recursos ao tempo que se minimiza a xeración de novos residuos ao xerar novos productos son os principais motivos polos que esta marca decidiu apostar por reparar, deseñar, confeccionar e re-fiar o denim de prendas xa usadas, creando así novos productos sostibles e con conciencia ética.

Back to Eco ten detrás a unha bióloga e unha ambientóloga que, centradas na sostibilidade e nos principios da economía circular, decidiron crear pezas de moda que non só reciclan e dan unha nova vida ao material co que traballan, senón que tamén crean conciencia e visibilizan a necesidade de repensar a industria da moda.