Trinta e catro alumnos de cuarto curso do colexio Baño-Xanza participaron este martes nun obradoiro de reaproveitamento téxtil

Trinta e catro alumnos de cuarto curso do colexio Baño-Xanza participaron este martes nun obradoiro de reaproveitamento téxtil no centro Codi, co gallo da celebración da Semana Europea de Prevención de Residuos. Os rapaces aprenderon que, cunha camiseta que xa non usan, poden confeccionar unha bolsa sen costuras.