Comeza a iniciativa “Comparte y Recicla” para dar unha nova vida aos xoguetes

Comparte y Recicla” é unha iniciativa impulsada pola Fundación Crecer Jugando que nace con dous obxectivos: Por un lado, co obxectivo de dar unha segunda vida aos xoguetes que temos na casa sen usar mentres colaboramos con diferentes ONG españolas e, ao tempo, concienciar aos cativos e cativas sobre a importancia de cuidar das propias pertenzas e do medio ambiente.

Comparte y Recicla” baséase na defensa do dereito ao xogo establecida pola Declaración dos Dereitos do Neno e a Nena. Ao mesmo tempo, busca propiciar a educación en valores a través da concienciación e a doazón para unha nova vida aos xogos e xoguetes, traballando na selección e descarte dos propios xoguetes, valoración do seu estado, reparación…) e concienciar na filosofía da economía circular, reforzando os principios de coidado do medio ambiente, a reutilización e a reciclaxe.

Esta acción solidaria desenvolverase do 15 de xuño ao 31 de xullo deste ano nas superficies comerciais El Corte Inglés, Hipercor e Toys R Us, de diferentes puntos do Estado. Se ben aínda non está implementada en Galicia, pode servir de xermolo para iniciativas semellantes que se implementen na nosa comunidade autónoma.