Ecopilas colabora co proxecto europeo Lions2Life no tratamento de baterías para vehículos de mobilidade persoal

O uso e posterior xestión das baterías dos diferentes dispositivos que utilizamos no noso día a día teñen un grande impacto na nosa contorna. Traballar correctamente o descarte e o reaproveitamento destes elementos é unha necesidade tanto social como medioambiental, na que está a pór o foco o proxecto europeo Lions2Life, centrado na reutilización das baterías dos vehículos de mobilidade persoal, coma patíns, bicicletas e motos eléctricas para transformalas en sistemas de almacenamento de enerxía tanto domésticos coma industriais.

Lions2Life conta cun colaborador español, a fundación medioambiental Ecopilas, da entidade de xestión medioambiental Recyclia, que será a encargada de proporcionar baterías de litio ao proxecto europeo, así como tamén será a encargada de asesorar ao proxecto sobre a actualidade do sector e a xestión de materiais e residuos, tomando contacto con todos os actores involucrados no proceso de xestión, transporte e tratamento das baterías de litio.

No pasado ano, Ecopilas xestionou só no noso país, case 22.000 kilos de baterías de bicicletas e motos eléctricas, ata un 250% máis que o ano anterior, e agarda que neste ano e os vindeiros as cifras sigan en aumento. De aí parte a necesidade de tratar este tipo de materiais, xestionando a súa posible recuperación e reutilización para novos usos. Para acadar o seu obxectivo, Ecopilas asinou acordos con diferentes entidades estatais, como a Asociación de Marcas e Bicicletas de España (AMBE) para garantir aos fabricantes que a xestión das baterías en desuso farase sempre con garantías medioambientais.

Os principios da economía circular garanten beneficios non só a nivel económico e industrial, senón tamén para o medioambiente e a sociedade, como demostran iniciativas coma estas.