SÚMATE Á REDE GALEGA PxR

A través da Rede Galega PxR buscamos a implicación de entidades sociais, colectivos, asociacións, organizacións e outros entes tanto públicos como privados que queiran compartir a súa experiencia e/ou as súas instalacións para fomentar a reparación ou recuperación de calquera tipo de obxecto que non finalizou o seu ciclo de vida, ofrecendo novas formas de renovalo ou poñelo a punto para reducir residuos e aforrar diñeiro.

Se tes un proxecto de preparación para a reutilización e reparación en Galicia e buscas sinerxías, envíanos os datos a través deste formulario e entrarás a formar parte da Rede Galega PxR.

A Rede Galega PxR está aberta a todos os axentes que queiran participar no desenvolvemento ou consolidación de proxectos de preparación para a reutilización e reparación en toda Galicia, independentemente da temática.

O obxectivo desta iniciativa é crear un espazo transversal de debate e colaboración en todos os ámbitos posibles (empresarial, educativo, social, institucional) mediante o que se facilite o intercambio de habilidades e coñecemento, ao tempo que estimula a creación de novos proxectos que contribúan á transición cara o modelo de economía circular na nosa comunidade.

BICICLETAS

REBICIS

O Centro BTT Valle de Esmelle é un lugar de encontro para os afeccionados á bicicleta de montaña, que tamén repara e rehabilita bicicletas usadas. Co proxecto REBICIS queren consolidar sinerxías, fomentar a economía circular, moi presente en todo o seu proxecto de bici de montaña, centrado no fomento do respeto ao medioambiente e a conservación do planeta.

PxRGal-001/20

Ficha completa

ELECTRODOMÉSTICOS

MILMAÑAS

O Proxecto Milmañas é unha campaña do Concello de Curtis para a información e concienciación entre cidadáns, establecementos comerciais e a empresa xestora do Punto Limpo, que busca xerar sinerxías para que todo electrodoméstico ou calquera outro ben moble que aparentemente poida ser reparado e posto de novo en uso sen grandes dificultades, sexa seleccionado e apartado.

PxRGal-002/20

Ficha completa

ELECTRODOMÉSTICOS

VREBEN

Dentro do Máster en enerxías renovables, cambio climático e desenvolvemento sostible da USC desenvólvese VREBEN, un proxecto para a creación dun Centro de Valorización Económica Transversal de Residuos Electrónicos Domésticos e Industriais con Balance Enerxético Nulo, que contará co compromiso de recibir subministro enerxético con renovables de km0. O proxecto busca ofrecer colaboracións e conta co premio Climathon 2018.

PxRGal-003/20

Ficha completa

LOGO_MERYCSE

CARPINTARÍA

ANTIQUO.NOVO

O Proxecto ANTIQUO.NOVO é unha iniciativa de AB Ingenieros que busca xerar sinerxías con restauradores e reparadores de mobles para recuperar mobiliario, pezas tradicionais e obxectos antigos procedentes das súas obras que poidan ter unha segunda vida.

PxRGal-004/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

MECACE

Mecanizados Acebron SL especialízase no mecanizado de compoñentes críticos de aeroxeneradores (eixos,bastidores, carcasas de multiplicadora…). Dentro das súas actividades inclúese a reparación de compoñentes tanto do sector eólico, ferroviario, hidráulico, navais, bens de equipo, maquinaria, etc, proporcionando unha segunda vida a estes elementos de gran valor. O obxectivo do seu proxecto en fase de estudo é acadar divulgación e fomentar sinerxías.

PxRGal-005/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

ESPAZO DE AUTORREPARACIÓN E INTERCAMBIO

Posta en funcionamento de espazos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios do Concello de Monterroso.
Este proxecto busca financiamento para promover e habilitar espazos para poñelos en funcionamento: electricidade, carpintaría, téxtil…

PxRGal-006/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

SEGUNDA VITHAS

O proxecto Segunda Vithas da empresa Gestión Sanitaria Gallega, SLU (Hospital Vithas Fátima), aínda en fase de estudo, busca crear sinerxías con outras empresas ou entidades que poidan dar unha segunda vida a mobiliario clínico coma cadeiras de rodas, padiolas e demais elementos do seu centro hospitalario.

PxRGal-007/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

UNHA SEGUNDA VIDA

“Unha segunda vida” é un proxecto aínda en fase de estudo do Concello de Rairiz de Veiga. Esta iniciativa nace co obxectivo de crear espazos de auto-reparación e intercambio de aparellos do fogar onde os veciños e veciñas poidan renovar útiles, lámpadas, mobles usados, roupa… para darlles “unha segunda vida”.

PxRGal-008/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

AYUDA SOLIDARIA

A ONG Ovejas Negras Solidarias, a través do proxecto “Ayuda solidaria”, busca xerar sinerxías para recuperar material sanitario, mobiliario clínico e outros elementos descartados de clínicas e complexos sanitarios, para entregar a familias e persoas dependentes.

PxRGal-009/20

Ficha completa

MULTI-MATERIAL

CABANAS SOSTÍBEL

“Cabanas Sostíbel” é unha estratexia do Concello de Cabanas que engloba diversas accións medioambientais e de redución dos residuos. O proxecto, aínda en fase de estudo, busca ofrecer a colaboración do Concello para promover o intercambio e reutilización entre os veciños e veciñas de Cabanas.

PxRGal-010/20

Ficha completa