FEARMAGA aposta pola sostenibilidade para xerar emprego de calidade e crecemento entre as empresas do sector madeireiro

Baseándose na Estratexia Europa 2020, a Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga) promove a utilización eficiente dos recursos do noso país, baseándose nos principios de reducir, reciclar e reutilizar. Así, a Federación fai seus cada un dos puntos do Plan de Acción da Unión Europea que contribúe á instauración da economía circular en todos os sectores industriais e económicos dos países integrantes. O obxectivo é desbotar o modelo de economía liñal, baseado en fabricar, usar e tirar e apostar polo futuro circular.

O plan da FEARMAGA para transitar cara unha economía climaticamente neutra baséase en seis puntos estratéxicos:

  • Sostenibilidade: a madeira é unha materia prima cun baixo consumo enerxético na fabricación dos produtos derivados
  • Reutilizable: a madeira e os seus derivados teñen un ciclo de vida moi longo
  • Eficiente: a madeira é un excelente illante térmico e acústico, que regula a humidade
  • Saudable: a madeira contribúe a xerar contornas sostibles
  • Confiable: a madeira mantén as súas prestacións ao longo do tempo, sen obsolescencia programada
  • Conservación: a madeira sostible e o seu correcto aproveitamento contribúen á preservación dos bosques e a manter vivas as poboacións rurais

Na páxina web da FEARMAGA pódense consultar este e moitos outros documentos e compromisos co Medio Ambiente no noso país, por parte da industria madeireira no seu conxunto.