O Manifesto por unha Recuperación Sostible supera o milleiro de adhesións

 

A ONG ECODES, en colaboración co Grupo Español de Crecimiento VerdeSEO/BirdLife e, a título particular, investigadores do Basque Centre for Climate Change (BC3), o Real Instituto Elcano e a Universidad Politécnica de Madrid (ItdUPM) presentaron nos pasados días o Manifesto por unha Recuperación Sostible.

Esta iniciativa quere instar á Comisión do Congreso dos Deputados para a Reconstrución de España trala crise do Covid-19, para que a recuperación se realice en base a políticas de estímulos efectivas no económico e tamén no social, pero sempre co foco posto na sostibilidade e na biodiversidade. Para acadalo, está a recoller sinaturas a nivel persoal, institucional e tamén dende a iniciativa empresarial do noso país.

O Manifesto apóiase no Pacto Verde Europeo e conta con tres eixos principais: a dixitalización, a descarbonización e a resiliencia, entendendo que a competitividade no económico e o respecto e defensa do medio ambiente van da man, “porque se non hai sustentabilidade ambiental non hai sustentabilidade económica ou social”.

As adhesións ao Manifesto están a recollerse na páxina web do mesmo.