O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vai desenvolver un catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular

O ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico está a impulsar un catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular, para o que pide a implicación de organismos gubernamentales e diferentes axentes económicos e sociais do noso país. Este catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular ten como obxectivo implicar á sociedade a todos os niveis, na transición cara un novo modelo económico máis sostible.

O catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular recollerá diferentes consellos e medidas para reforzar o compromiso dos diferentes organismos e actores sociais na loita contra o cambio climático dende a sostenibilidade e a innovación. Estas boas prácticas abranguen diferentes campos, coma o económico, o ambiental e o social. Todas as empresas, organismos e entidades que queiran adoptar o catálogo de Boas Prácticas en Economía Circular, deberán solicitalo antes do 15 de setembro. De cumprir cos requisitos recibirán un certificado que sinalará aos axentes sociais que as cumpran co distintivo BPEC (Buenas Prácticas en Economía Circular), expedido polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Estas Boas Prácticas en Economía Circular axudarán a institucións e axentes sociais a identificar todas as iniciativas que sexan innovadoras na aplicación dos principios da economía circular, adaptables e transferibles, permitindo a súa réplica por outras iniciativas e entidades, escalables, perpetuables no tempo e que impliquen á sociedade no exercicio da circularidade.

Tanto a expedición do distintivo BPEC coma o conxunto das boas prácticas a ter en conta poden consultarse nesta ligazón.