Preséntase o proxecto ProTIER para a reutlización de residuos plásticos na industria do automóbil

 

Os descartes plásticos da industria automobilística xeran, en promedio, unhas 3.000 toneladas ao ano de residuos que ata o de agora non se estaban a reutilizar, desaproveitando materia prima reutilizable e supoñendo un risco medioambiental.

O proxecto ProTIER da empresa Auria Solutions Vitoria, en colaboración coa empresa Zicla de desenvolvementos urbanos e a Sociedade Pública de Xestión Ambiental do Goberno Vasco Ihobe, traballa na reutilización dun milleiro de toneladas de recortes plásticos que proveñen de solos e paneis de vehículos, para a súa reutilización na creación dos mesmos compoñentes, apostando polos principios da economía circular no seu conxunto.

 

Podes ler a información completa sobre este proxecto nesta ligazón.