INFORMACIÓN
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, está a desenvolver, en colaboración co concello de Valga, un proxecto demostrativo municipal de reparación e intercambio, co obxectivo de servir de exemplo de servizo público de prevención da xeración de residuos domésticos, baseado na autorreparación e na educación sustentable.
Este proxecto municipal incorpora a colectivos de integración social e está encamiñado a incrementar a eficiencia no uso dos recursos, en liña coas ambiciosas metas do Plan de Acción da Unión Europea de Economía Circular.
C.O.D.I de Valga
Rúa Baño, s/n. 36645 Valga (Pontevedra)